Un grupo de periodistas de viaxes e turismo EMPAPOUSE dA riqueza dA ría de Muros-Noia

b16y3042

Poideron gozar de actividades como unha visita a enclaves como o maxestuoso Monte Louro ou a praia de Area Maior

Periodistas especializados en viaxes e turismo de distintos medios de Barcelona, Madrid e Portugal percorreron estos últimos días a ría de Muros-Noia para gozar da gastronomía e beleza paisaxística.

A visita, que contou co recibimento da presidenta da Asociación rural de Desenvolvemento Muros-Noia e as alcaldesas Teresa Villaverde e Inés Monteagudo, de Lousame e Muros, respectivamente, comezou o venres 12 con unha cea de produtos locais.

Durante as distintas xornadas que viviron os informadores, que procedían de prestixiosos medios de comunicación especializados en viaxes, pudieron gozar de actividades como unha visita diurna da man da asociación Muros, Auga e Sal a enclaves como o maxestuoso Monte Louro ou a praia de Area Maior, paraíso de distintas aves.

Outro dos eixos nos que se centrou a visita dos periodistas foi o turismo industrial, que se explorou mediante unha excursión ao estaleiro Ciprián, en Outes, e outra á central hidroeléctrica do Tambre, co edificio modernista de Antonio Palacios encadrado nunha zona de gran beleza natural.

Os profesionais do periodismo tamén poideron gozar da riqueza paisaxística do entorno da ría de Muros-Noia, visitando o castro de Baroña, en Porto do Son; e xa no interior, en Lousame, o mosteiro de Toxosoutos e as súas fermosas fervenzas, e a ruta de sendeirismo das antigas fábricas papeleiras abandoadas, que tivo un gran éxito.

Fonte: La voz de Galicia

Scroll ao inicio