Patrimonio

Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.

Santa maría do campo

Igrexa parroquial e antiga Colexiata

No alto da vila erguíase, no s.XII-XIII, a antiga igrexa de Santa María do Campo cando, no ano 1.500, o papa Alexandre VI lle concede á parroquia de Muros o dereito a unha colexiata. Esta sitúase provisionalmente na igrexa de San Pedro. De contado comézase a reformar a Santa María para axeitala á nova dignidade.
Hoxe, dos elementos románicos orixinais, quedan a portada principal, algúns modillóns e signos lapidarios. A nave principal e o ábside foron reconstruídos ao gusto gótico mariñeiro, cos grandes arcos apuntados como elementos máis destacados. Cara ao 1500, contaba xa coa capela de San Bernardo e a sacristía.
A conversión en Colexiata fíxoa medrar. Ao longo dos séculos XVI e XVII fóronse abrindo as capelas laterais. Tamén se erguen nesa época o baptisterio e o campanario. No medio da súa decoración, agóchanse dous grabados moi significativos de estrelas formadas por peixes.

Rúa Rosalía de Castro

A colexiata é o punto de inicio da Visita Guiada Muros, Vila de Auga e Sal

imagen9

Iglesia de S. Pedro – Centro de Visitantes

Antiga igrexa parroquial

O presbiterio e a sacristía ocupados agora polo centro de visitantes, é o que se conserva desta construcción hoxe desacralizada, e que foi a máis antiga igrexa parroquial de Muros da que se ten conta.
Algunhas novas suxiren que a parroquia de San Pedro de Muros existía xa no s.X, aínda que a construción conservada responde na súa meirande parte ao estilo gótico.
No ano 1500, o papa Alexandre VI outórgalle o rango de Colexiata, que pasaría logo ao templo de Santa María del Campo.
Observa
-Inscripcións no muro de fora. Adoitan referirse ás persoas que paticiparon na costrución da capela.
-Modillóns embaixo da cornixa. Moi propios do románico, que inclúen tres cabezas humáns e outros motivos xeométricos.
-Remate das fachadas cun cordeiro (Agnus Dei) moi desgastado ao Oeste e unha cruz ao Leste.
-Inscripcións no interior, pertencentes a lápidas sepulcrais.
-Pila bautismal na antiga sacristía. Dentro dela aínda se pode ler a inscripción “JESUS-FILLIUS PATER CUR SPRITU SANTO, SIGLO XV”.
-Bóvedas de crucería nas dúas pezas, antiguamente capela maior e sacristía. Bóvedas apoiadas en capiteis decorados.
-Restos da antiga nave no cemiterio. Conserva parte dos muros, un deles con pequeñas capelas- sepulcro.

Adosada, atópase a Capela das Angustias, que tamén estaba integrada na antiga igrexa parroquial. Fundada en 1657, foi construida ao gusto barroco.

Rúa do Hospital

É o centro de Interpretación de Muros, Vila de Auga e Sal

imagen10

Santuario de la Virxe do Camiño

O Cristo gótico e os exvotos

Todo un símbolo da sociedade mariñeira e a súa relixiosidade. Por unha banda, aparece vencellado desde as primeiras informacións a un hospital de “lazarados”(leprosos) sinal, polo tanto, da caridade. Por outra banda, ha ser centro da devoción mariñeira; á Nosa Señora do Camiño encoméndanse os pescadores e navegantes, dando lugar á continuada entrega de exvotos, oferta en agradecemento a un favor divino.
Téñense novas, e consérvanse restos dunha antiga ermida románica. Pero o templo que vemos hoxe data do século XVI. Pertence ao estilo gótico mariñeiro. A nave, de catro tramos, está formada por tres arcos apuntados que soportan a cuberta de madeira e descansan sobre contrafortes. Ao fondo, o altar maior ten bóveda de crucería nervada.
Mención especial merece o Cristo crucificado do século XIV. Trátase dunha talla gótica de estilo toscano sen parangón na Península, a excepción dunha imaxe similar que estivo na colexiata de Santa María do Campo de A Coruña e hoxe ubicada no monasterio da Rábida en Huelva. Non conservamos a cruz orixinal e a talla sufreu modificacións na época barroca. O xeito de amosar a dor a través dos símbolos da paixón, a faciana e o corpo, con certa contención, remiten á escola toscana. De todos os xeitos, isto non é moi raro nunha poboación que mantiña contactos marítimos con Italia. A mesma igrexa recibiu como oferta a pila bautismal, de mármore, procedente de `Genova´.
Son característicos do santuario tamén os seus exvotos, que agradecen a proteción da Virxe ante os perigos, desde unha tempestade a un ataque pirata, como ocorre en sendos cadros do século XVIII, que ilustran e contan os feitos no texto. Chama a atención a maqueta coñecida como a Fragata do Tránsito, ofertada posiblemente no século XIX e da que non se coñece o motivo da oferta.

Lugar de A Virxe do Camiño

Entre o 5 e 11 de agosto non te perdas as Festas da Virxe do Camiño

imagen11

Capela e Barrio de O Carme

Devoción mariñeira

A capela é unha fundación privada, construída no ano 1767 a expensas de Jerónimo Durán, muradán residente en Chile, parte do virreinato do Río da Prata naquel entón. Representa o barroco final, xa convivindo co estilo neoclásico. Na súa fachada, enmarcada por dúas pilastras, destacan a portada e o escudo de armas. No seu interior é importante o conxunto escultórico do altar, presidido pola Virxe do Carme.

No mesmo barrio erguíase, desde tempos medievais, a Torre Vella ou Torre do Arcebispo,símbolo do señorío da Mitra compostelá na vila de Muros.

Rúa do Carme y calles próximas

Merece unha visita especial nas festas do Carme, ao redor do 16 de xullo

imagen12

Capilla de Os Remedios

Os cruceiros marcando o territorio

Rúa Axesta, a entrada de Muros dende Noia.

imagen13

capela e Barrio de S. Xosé

Espiritualidade y solidaridade

O entorno da capela de San Xosé, coas súas escaleiras, resume a adaptación do casco urbán ao terreo. A pequena capela, de titularidade privada, é de primeiros do século XVIII, como o cruceiro que se ergue en frente.
Preto dela atópase o Hospital da Trindade ou hospital de Pobres, que atendeu, desde tempos medievais ata entrado o século XX, aos máis necesitados, tanto de Muros como a viaxeiros e pelegríns. Hoxe segue en pé como centro social, mantendo aquel espírito.

Rúa San Xosé e arredores

imagen14

Rúa de Axesta

O crecemento da vila

A rúa e o barrio da Axesta, aparece nomeado desde o século XVIII, cando as autoridades fomentan a construción de casas nesta zona. Foi, pois, unha das zonas de expansión e medra da cidade en tempos modernos. Nela estivo situado o rolo de xustiza, a columna que simbolizaba a xurisdición de Muros, que chegaba aos concellos próximos. A el atábanse os condenados para escarnio público. As rúas Axesta e Real compoñen un eixe que, paralelo ao mar, atravesan a parte alta de Muros. O percorrido, no medio de construcións de pedra , transpórtanos a outros tempos.

Rúa de Axesta

Continúa a túa visita pola Rúa Real

imagen15

Praza de abastos

Reconversión da venda ambulante de ’peixe’

O Mercado de Muros recíbenos cunha escalinata monumental, cunha balaustrada de canteiría con molduras e coroada por bolas.

Dentro véndense productos frescos da terra e o mar. É a antítese doutros tempos, cando as mulleres de Muros percorrían rueiros e camiños, na procura da venda de peixe fresco, recén descargado.

Praza do Mercado

Aberto todos os días laborais.

imagen16

A Vella

As mulleres do mar

Nun extremo do paseo marítimo, A Vella permanece sentada e mirando ao mar desde fai anos. Esta escultura de Ramón Conde é unha homenaxe a quen se perdeu no mar e tamén a quen, mulleres sobre todo, os seguiron esperando.

Paseo marítimo.

imagen17

Pozo do Cachón

Muíño de Mareas

Nunha vila tan mariñeira, incluso a agricultura se aproveita do mar. Neste caso, faino para moer o gran. É que, a expansión do millo, fixo que os pequenos muíños de río non fosen suficientes e, a principios do século XIX contruíuse o chamado Muíño de Bazarra, polo nome do seu constructor, hoxe máis coñecido como Muíño de Pozo do Cachón. Trátase, polo seu tamaño e estado de conservación, dun dos máis importantes da Península.
O seu funcionamento aproveita o movemento das mareas.
A clave está no dique, de máis de 230 m. Durante a preamar acumula a auga e péchase o dique para evitar a súa saída. Cuando o nivel das augas baixa, ábrense as comportas, de modo que a auga retida sae accionando a ‘moa’, triturando o gran.
No Pozo do Cachón, sobre estas ‘moas’ érguese un andar que serviu como almacén e incluso, como casa de baños, para tratamentos con auga marina e algas. Hoxé é un centro cultural aberto ao público.

imagen18

Fábricas de Salazón e Conserveiras

A industrialización da Ría de Muros e Noia

Dende finais do XVIII, a riqueza destos mares fai que se asenten en Muros, e no resto da Ría, numerosos industriais que lle dan un novo enfoque a esta tradición. As fábricas de salazón primeiro e conserveiras despois, cambian por completo a economía de Muros e os modos de vida das xentes do mar.
A gran explosión desta nova industria tivo lugar durante o século XIX e prolongouse ata entrada a centuria seguinte. E con todo, a sobreexplotación tivo o seu reverso, e acabou por abocar ao peche a gran parte das fábricas. Indicamos algunhas cuxos restos aínda debuxan a paisaxe costeira:
A familia Sel, de Castro Urdiales, chegou a Muros a finais do século XIX, previo paso pola emigración en Arxentina. Aquí crearon unha fábrica de conservas, fundamentalmente de sardiña, pero que sobreviveu ata a década de 1970 gracias ao marisco. O edificio que albergou a  fábrica Sel está visible, rehabilitado, na saída de Muros cara Serres e Noia.
Na saída de Muros cara Carnota, consérvanse as ruínas da fábrica de Joaquín Vieta, co seu embarcadoiro. Desde o Santuario da Virxe do Camiño, divísanse, ao outro lado da ensenada, os Tres Picos, restos da fábrica Romaní. E, un tras outro, ao longo de todo o núcleo urbano e a costa, vense sucedendo os vestixios, a veces xa só recordos, daquel pasado industrial.

imagen19

Devoción

Devoción popular

A devoción en Muros deu lugar a outras pequenas capelas esparexidas pola parroquia. Todas elas axudan a comprender os matices da devoción mariñeira. Capela das Neves. Foi erixida no século XVIII, quizais con algunhas modificacións posteriores, xunto á chamada Fonte Santa. Consta de dúas seccións adaptadas ao terreo escarpado e ten un pórtico na súa entrada lateral. Tradicionalmente, os veciños acudían á fonte para buscar cura para as súas enfermidades o día de San Xoán. Capela de San Roque. Temos constancia dela xa en 1609; non obstante, o seu aspecto actual reflicte un estilo barroco da segunda metade do século XVIII. Distínguense tres seccións: nave, ábsida e sancristía. Foi a sede dunha confraría cuxo capelán era cóengo da Colexiata. Capela do Espírito Santo. Unha antiga igrexa de estilo gótico. Exteriormente, consta dun só tramo; no interior, a nave está dividida por arcos que sosteñen unha bóveda de canón apuntada. No século XVIII, está documentada a presenza dun eremita; este refuxiouse nunha casa adxacente e vivía dunha horta. Tanto a casa como a horta pertencían á ermida. Capela de San Marcos. Situada no outeiro, continúa a ser lugar de peregrinación. Segundo unha inscrición sobre a porta, data de 1480, aínda que o seu estilo é románico, cunha bóveda de canón como principal elemento estrutural. O exterior conserva as súas ménsulas, que representan volutas, triángulos e animais. Entre os elementos decorativos singulares atópanse dúas representacións de rostros aplanados en forma de lúa.

imagen20

os ’Cruceiros’

Marcando o territorio

Os cruceiros contribúen a sacralizar os espazos cotiás, tanto nos poboados como nos camiños ou emprazamentos máis alonxados. Fanse comúns desde a época gótica e adoitan representar a Cristo crucificado na súa cara anterior, a orientada ao camiño principal, e a imaxe da Virxe ou de algún santo na súa cara posterior.

‘Cruceiros’ e cruces nas parroquias de Muros.:

-Cruceiro do cemiterio
-Cruceiro de Santa Rosa
-Cruz do Rumial
-Cruceiro da Virxe do Camiño
-Cruceiro da capela da Santa Cruz
-Cruceiro da capela das Neves
-Cruceiro da Praza do Cristo
-Cruceiro de Santa Isabel ou dos Remedios

imagen21

Casco Histórico

O celme mariñeiro

O casco histórico de Muros cingue o porto. É unha das mariñeiras mellor conservadas do litoral galego. Á chegada, amósasenos a sús fachada de galerías e soportais, antigamente situados sobre a praia. O Curro da Praza é o lugar de encontro e un bo punto para adentrarse nas zonas máis altas, aínda que o viaxeiro xa veu que, desde a fachada marítima parten estreitas rúas cara ao interior.
As rúas Axesta e Real transcorren paralelas ao porto: pequenas prazas, fontes e ‘cruceiros’ van xurdindo a cada paso; tamén as igrexas e capelas, coa antiga Colexiata de Santa María do Campo señoreando a vila.
Do antigo Castelo que defendeu Muros desde a Idade Media ata a invasión francesa, quedan restos da muralla. E con todo, o máis característico son as vivendas mariñeiras que miran ao mar, e as construcións modernistas, que testifican a medra de Muros ao abeiro das industrias ligadas á pesca.
O Casco Histórico de Muros é Conxunto Histórico Artístico desde 1970.

imagen22
Previous slide
Next slide

Scroll ao inicio