As novas máis antigas da ría de Muros e Noia e do seu litoral norte, non nos permiten falar con precisión dos primeiros habitantes da zona. As fontes romanas nomean localidades e poboacións difíciles de situar con exactitude.
A entonces chamada Puebla do Muro aparece por primeira vez nos escritos do 1286, cando o rei Sancho IV lle concede unha serie de privilexios para favorecer a pesca e as actividades asociadas. Isto nos sitúa xa, en plena Idade Media, nún dos portos máis importantes de Galicia, categoría que mantendrá durante xeracións.
O crecemento dun gran porto pesqueiro

A sardiña será a base económica de todo o entorno
A partir de 1298, a vila, que era de realengo –dependente directamente do rei-, pasa a mans do Arcebispado de Santiago de Compostela. Parece que, desde entón, se consolida nesa posición de porto estratéxico, tanto polo seu valor comercial como pesqueiro. E é que a Ría de Muros e Noia ten, daquela, un tesouro na riqueza das súas augas. A sardiña será a base económica de todo o entorno. A pesca e as industrias da salgadura farán de Muros un porto exportador con vendas en toda a Península. Daquel tempo, coñécese o prestixio que tiña a sardiña de Muros, por exemplo, no porto de Barcelona.

O Arcebispado dota a Muros da súa primeira muralla
Punto estratéxico e, polo tanto, sensible. A piratería normanda e musulmá ataca as costas galegas, e Muros é un destino cobizado. É por isto que, poucas décadas despois de facerse coa vila, o Arcebispado xa a dotou da súa primeira muralla, da que temos novas a inicios do século XIV: unha zona pequena entre a actual casa do concello ou o terreo da colexiata e o mar. Cara ao século XVI, ese primeiro recinto vai ser ampliado cun novo muro, cun Castelo cada vez máis armado. As defensas da cidade prolónganse por riba dos montes veciños e, en particular, enriba da enseada de Louro.
As descricións de finais da Idade Media amósannos unha situación extraordinaria: un porto cunha grande frota, expedicións cara a Flandes e ao Mediterráneo e importantes asteleiros na ría. As crónicas falan de ata 1.000 veciños ( poderían ser uns 5.000 habitantes), a finais do século XV. Nesa época, no ano 1.500, o papa Alexandre VI concédelle á parroquia de Muros a dignidade de Colexiata.

Gremio de Mareantes
Así naceu unha vila, para sempre ligada ao mar, especialmente á pesca e ás súas industrias conexas.
Pero tamén ao comercio e á atención aos peregrinos que chegaban de Europa. O poder do Gremio de Mariñeiros, ao que pertencía unha gran parte da súa poboación —”a xente común [da vila] é pescadora e mercadera por mar”, dicíannos en 1607— era dos máis poderosos do Reino de Galicia.
Mar xeneroso, mar perigoso

Os portos son a miúdo especialmente castigados polas epidemias
Ao longo dos séculos seguintes, o mar segue a ser o protagonista. As poboacións da costa teñen na pesca un seguro para sobrevivir cando no interior se viven tempos de fame. Pola contra, os portos son a miúdo castigados por epidemias, das que se producen varios focos nos séculos XVI e XVII. E Muros sofre de xeito especial. Pouco a pouco outras vilas costeiras a van superando. A súa poboación descende e aqueles 1.000 veciños pasan a 600 a comezo do século XVII e menos aínda no século XVIII.
Do mar seguen a chegar ataques. Piratas e frotas inimigas atacan en varias ocasións o porto. Daquela os habitantes adoitaban fuxir ao interior por varios meses ao ano, para zafarse destas correrías.

Muros seguía a ser o terceiro porto de Galicia en descargas de sardiña
A sardiña seguía a ser o seu gran tesouro. E cando escaseaba todo corría perigo. No 1694, por exemplo, chégase a bendecir a ría, despois duns anos de mala pesca.
Aínda a pesares disto, ás portas dos tempos contemporáneos, no 1795, Muros seguía a ser o terceiro porto de Galicia na descarga de sardiña, detrás de Ares e Cangas, e a súa xurisdición –que incluía Carnota, Mazaricos e Outes- a máis importante do Arcebispado, despois da capital. As descripcións daquel tempo seguen a destacar a importancia da súa frota pesqueira e mercante, e as defensas militares do porto.
Tempos de cambio

Durante a invasión francesa sofreu varios ataques
Muros entra na modernidade cun episodio bélico tráxico. Durante a invasión francesa sofreu varios ataques. O máis importante, no 1809, cando as tropas invasoras entraron na cidade para aplastar un intento de alzamento. O resultado foi o casi total arrasamento da vila intramuros. Moitos veciños fuxiron por mar cara ao Son e a Noia.
Este episodio marcou, sen dúbida, a unha xeración que ficou na escaseza. A ría veu, coma sempre, ao seu rescate. A pesca seguía a ser a súa salvación. Pero todo estaba a cambiar. Este episodio marcou, ssen dúbida, a unha xeración que quedou empobrecida. A ría veu, coma sempre, ao seu rescate. A pesca seguía sendo a salvación. Pero todo estaba cambiando.

Industriais foráneos introducen un novo modelo de explotación
Xustamente a importancia pesqueira da vila atraera, desde había décadas, a industrias de fóra, cataláns, que introduciron un novo modelo de explotación. As novas técnicas de salgadura, e máis adiante, a industria conserveira, trocaron o xeito tradicional de explotación do mar. O resultado foi ambivalente. Dunha banda, Muros e toda a costa viron encherse a ribeira de novas fábricas. O comercio era intenso e a actividade frenética. Doutra, o novo modelo facía que os pequenos pescadores foran sustituídos polas frotas pesqueiras dos industriais, con mariños ao xornal e un proceso de proletarización e empobrecemento. Desde moi cedo, xa no s. XVIII prodúcense protestas pola ameaza que as grandes industrias supoñían para os productores locais.

A presión sobre a ría, leva á practica desaparición do caladoiro da sardiña a comezos do s.XX
Ademáis, a sobreexplotación. A presión sobre a ría leva á practica desaparición do caladoiro da sardiña a comezos do s.XX. Pouco a pouco, a emigración, que ata entón era un fenómeno da Galicia interior, chega á costa e a Muros. As conserveiras convértense en ruínas, visibles hoxe en diferentes puntos da costa. Algunha delas fixo as funcións de campo de prisioneiros durante a guerra civil.
Desde os anos 60, a pesca reactívase pola mellora da pesca de altura. Muros ha seguir así, ligado ao mar, aos seus barcos e ao seu porto.
