Permite coñecer a transformación da vila dende o século XV
A historia de Muros dende o século XV, vinculada ao seu patrimonio marítimo e relixioso, está agora compendiada nunha maqueta que permite ao visitante comprender mellor a ruta Auga e Sal.
Os promotores da peza son precisamente, os integrantes da asociación, que recibe o mesmo nome que o percorrido turístico e cultural.
A presentación tivo lugar na vila, coa presenza do vicepresidente da Deputación Xosé Regueira, organismo que colaborou económicamente en que a pieza poidera materializarse. Tamén estivo presente a concelleira do equipo de goberno local Maika González, así como integrantes da asociación Auga e Sal. A maqueta é obra de Chema Vales.
Fonte: La voz de Galicia

