SABOR A MAR
A riqueza das rías galegas ofrécenos productos recoñecidos mundialmente polo seu intenso sabor e o seu valor nutritivo.

Parrillada de marisco
As rías galegas son un dos ecosistemas máis ricos e produtivos do mundo. Esta riqueza é posible grazas á circulación mariña das rías, que teñen unha renovación periódica das súas augas. O resultado?: productos recoñecidos mundialmente polo seu intenso sabor e o seu valor nutritivo.

Pulpo á galega
Aquí, a pé de mar, é o lugar idóneo para sentarse en calquera das tascas e restaurantes a gozar de estos sabores do mar. Dende uns sinxelos e sabrosos calamares, ata as receitas máis elaboradas, co peixe descargado neste mesmo porto polos barcos que podes ver entrar e saír do peirao pesqueiro.
VIDA na AREA
En Muros podes participar en actividades relacionadas coa profesión de mariscadora nos areais, ou da subasta de peixe e mariscos na lonxa, poñéndote en contacto coa Cofradía de Pescadores.
É unha boa forma de acercarte ao respecto dos ciclos naturais e dos medios mariños e a un consumo responsable dos productos da pesca: un consumidor responsable participa no respecto e na conservación do medio mariño e fomenta unha pesca sostible.
A ría de Muros e Noia é a máis exposta aos temporais atlánticos xa que carece de illas na súa boca que a protexan. Existen de calquer modo un bo número de enseadas e lugares protexidos en donde se encontran diferentes bivalvos, sobre todo o berberecho e a ameixa babosa. Falámosche de alguns:
Ameixa
A ameixa fina é a ameixa máis prezada e de máis alto valor polo seu intenso sabor e pola súa sinxela manipulación. Teñen un espléndido sabor tanto ao natural como á plancha. Tanto a ameixa fina como a babosa son capturadas de maneira artesanal, a pé cunha aizada. Está prohibida a súa captura durante os meses de marzo, abril e maio. A mellor época son os meses de xullo e agosto; e novembro e decembro.

Berberecho
En canto ao berberecho é unha especie moi prezada polo seu sabor e é capturado de maneira artesanal, con rastro ou a pé con aixada.

Navalla
As navallas viven soterradas na area das rías, sempre en augas limpas e a pouca profundidade. Son capturadas unha a unha manualmente, mediante técnicas de buceo en apnea ou con suministro de aire dende superficie. A súa recolección está suxeita a plans de explotación según a zona.

CULTIVANDO o MAR
Das bateas penden cordons umbilicais que ligan á vida a diferentes especies de moluscos, que multiplican así a súa reproducción.
A gran riqueza das augas e as beneficiosas condicións ambientais das rías galegas disparan as taxas de crecemento e calidade do mexillón. O mexillón de Galicia procede das bateas fondeadas nos polígonos de cultivo situados no interior das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia e Ares-Betanzos.

Mexillóns
Na nosa Ría de Muros e Noia hai unhas 118 bateas repartidas en tres polígonos.
A época de colleita depende, entre outras razóns, do seu destino. Así, o mexillón destinado á conserva e ás empresas transformadoras colléitase xeralmente no verán. O destinado ao consumo en fresco recoléctase preferentemente durante o outono e inverno. O mexillón alcanza nas nosas costas o seu talle comercial (70-95 mm) nuns 17 meses, fronte ao que acontece noutros países productores, onde o período de cultivo é moito máis dilatado (no resto de Europa o mexillón precisa de 2 a 6 veces máis tempo para chegar a este tamaño).

Bateas
O sistema de cultivo tradicional en Galicia é a batea, un deseño autóctono que é o de mellor rendemento dos coñecidos, e que converteu a Galicia no líder europeo de producción. É un viveiro flotante constituido por un entramado de madeira de eucalipto, de forma máis ou menos rectangular, sobre o que se atan as cordas de mexillón e mantense suspendida mediante un sistema de flotadores.
Pero non só se cultivan mexillóns en bateas, tamén vieiras e ostras.
Galicia produce anualmente dous tipos de ostra, a plana ou europea e a xaponesa, especie para a cal os productores galegos rexistraron o nome comercial de “ostra rizada”. A temporada das ostras salvaxes comprende os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Despois están dispoñibles todo o ano pola súa producción en batea.

Vieira
En canto á vieira é o marisco máis característico de Galicia, e non polo seu valor culinario, que non é pouco, senón pola súa relación co Camiño de Santiago, o símbolo dos peregrinos que sempre a llevaban consigo no seu percorrido ata chegar á Tumba do Apóstol.
A vieira na batea presenta a dificultade engadida ao non fixarse naturalmente ás cordas como as ostras ou o mexillón, polo que deben ser atadas manualmente unha a unha. Pola súa parte, as vieiras que viven nos fondos son capturadas dende lanchas con un aparello especial chamado rastro o rastrillo.
ARAÑANDO o MAR
Existen gran número de especies vivintes de crustáceos que colonizan gran diversidade de hábitats; dominan os mares, como os insectos dominan a terra.
Centola
A centola captúrase de forma artesanal con nasas e miños. Está prohibida a súa captura dende finais de xuño a finais de outubro. O seu hábitat localízase principalmente nas rías, en fondos areosos, como é o caso da Ría de Muros e rochosos como na Costa da Morte, dúas das zonas de maior producción.
Cando falamos de centola para moita xente suxírelle estar a falar dun dos mariscos máis prezados polo seu inconfundible sabor, onde se concentran tres sabores distintos, dependendo da parte do corpo que se deguste, patas, peito ou cacho, a cada cal máis sabroso. Para distinguila da centola francesa, a galega ten unha coloración máis escura e intensa, vilosidades no seu caparazón e algas incrustadas no mesmo, e ademáis as patas da centola galega son máis grandes.

Nécora
A nécora é un decápodo da familia dos cangrexos. Moi parecidas a estos, o seu caparazón é de cor pardo escuro, cuberto de vilosidades que semellan veludo. Ten unhas pinzas, máis grandes nos machos, presentando unhas liñas escuras nas patas. Forma parte das mesas das vilas mariñeiras, cuxos habitantes saben valorar o seu sabor como ningún.


