Que é o lume de san Pedro et Santa María? Porqué unha maqueta dun barco no altar? Quen tallou peixes nunha bóveda da colexiata? Porqué un regueiro de restos de fábricas na ribeira?
Unha visita guiada polas rúas e espacios que gardan a historia e a identidade dun pobo ligado á Ría.
Amosámosche o patrimonio material que atesouraron xeracións de muradáns e, por riba de todo, descubrímosche os episodios históricos, os significados e as tradicións que se agochan máis alá do que se pode ver.
0. Punto de Encontro. Inicio da visita guiada.
1. Santa María do Campo. Antiga Colexiata, centro de recepción de visitantes, xoia do gótico mariñeiro. Espacio expositivo.
2. Restos da antiga muralla medieval que rodeaba Muros.
3. Barrio de San Xosé. Espiritualidade e solidaridade.
4. San Pedro, Centro de Visitantes. Espacio expositivo. Un achegamento á historia e ás tradicións de Muros.
5. Barrio e capela do Carme. Na honra á patrona dos mariñeiros.
6. Mercado. A reconversión da venta ambulante de 'peixe' fresco.
7. Rúa da Xesta. O rueiro medieval.
8. A vella. Homenaxe ás mulleres do mar.
9. Os Remedios. Os 'cruceiros' acotando a paisaxe.
10. Santuario da Virxe do Camiño. A tradición dos exvotos.
11. Vida na arena. Praias de marisqueo.
12. Pozo do Cachón. Muíño de mareas.