Patrimonio

[:es]Patrimonio Cultural en la ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:en]Cultural heritage in the Muros town of water and salt tour[:gl]Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:]

< PATRIMONIO

Santuario da Virxe do Camiño

O Cristo gótico e os exvotos

Santuario da Virxe do Camiño

Dónde

Lugar de A Virxe do Camiño

Además

Entre el 5 e 11 de agosto, non perdas as Festas da Virxe do Camiño

Todo un símbolo da sociedade mariñeira e a súa relixiosidade. Por unha banda, aparece vencellado desde as primeiras informacións a un hospital de “lazarados”(leprosos) sinal, polo tanto, da caridade. Por outra banda, ha ser centro da devoción mariñeira; á Nosa Señora do Camiño encoméndanse os pescadores e navegantes, dando lugar á continuada entrega de exvotos, oferta en agradecemento a un favor divino.
Téñense novas, e consérvanse restos dunha antiga ermida románica. Pero o templo que vemos hoxe data do século XVI. Pertence ao estilo gótico mariñeiro. A nave, de catro tramos, está formada por tres arcos apuntados que soportan a cuberta de madeira e descansan sobre contrafortes. Ao fondo, o altar maior ten bóveda de crucería nervada.
Mención especial merece o Cristo crucificado do século XIV. Trátase dunha talla gótica de estilo toscano sen parangón na Península, a excepción dunha imaxe similar que estivo na colexiata de Santa María do Campo de A Coruña e hoxe ubicada no monasterio da Rábida en Huelva. Non conservamos a cruz orixinal e a talla sufreu modificacións na época barroca. O xeito de amosar a dor a través dos símbolos da paixón, a faciana e o corpo, con certa contención, remiten á escola toscana. De todos os xeitos, isto non é moi raro nunha poboación que mantiña contactos marítimos con Italia. A mesma igrexa recibiu como oferta a pila bautismal, de mármore, procedente de `Genova´.
Son característicos do santuario tamén os seus exvotos, que agradecen a proteción da Virxe ante os perigos, desde unha tempestade a un ataque pirata, como ocorre en sendos cadros do século XVIII, que ilustran e contan os feitos no texto. Chama a atención a maqueta coñecida como a Fragata do Tránsito, ofertada posiblemente no século XIX e da que non se coñece o motivo da oferta.