Patrimonio

[:es]Patrimonio Cultural en la ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:en]Cultural heritage in the Muros town of water and salt tour[:gl]Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:]

< PATRIMONIO

Pozo do Cachón

Muíño de Mareas

Nunha vila tan mariñeira, incluso a agricultura se aproveita do mar. Neste caso, faino para moer o gran. É que, a expansión do millo, fixo que os pequenos muíños de río non fosen suficientes e, a principios do século XIX contruíuse o chamado Muíño de Bazarra, polo nome do seu constructor, hoxe máis coñecido como Muíño de Pozo do Cachón. Trátase, polo seu tamaño e estado de conservación, dun dos máis importantes da Península.
O seu funcionamento aproveita o movemento das mareas.
A clave está no dique, de máis de 230 m. Durante a preamar acumula a auga e péchase o dique para evitar a súa saída. Cuando o nivel das augas baixa, ábrense as comportas, de modo que a auga retida sae accionando a ‘moa’, triturando o gran.
No Pozo do Cachón, sobre estas ‘moas’ érguese un andar que serviu como almacén e incluso, como casa de baños, para tratamentos con auga marina e algas. Hoxé é un centro cultural aberto ao público.