[:es]Patrimonio Cultural en la ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:en]Cultural heritage in the Muros town of water and salt tour[:gl]Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:]
A devoción en Muros deu lugar a outros pequenos templos que se diseminan pola parroquia. Todos eles axudan a comprender os matices da devoción mariñeira.
Capela das Neves.
Erixida no século XVIII, quizais con algunha reforma posterior, xunto á denominada Fonte Santa. Consta de dos corpos, adaptados ao terreno escarpado e conta cun pórtico no seu acceso, que se realiza polo lateral.
Tradicionalmente, os veciños acudían á fonte a curar as súas enfermidades o día de San Xoán.
Capela de San Roque.
Temos novas dela xa en 1609; con todo, o seu aspecto actual responde a un estilo barroco da segunda metade do século XVIII. Distínguense tres volumes: nave principal, cabeceira e sacristía. Foi sé dunha cofradía, cuxo capelán era canónigo da Colexiata.
Capela do Espírito Santo.
Unha antiga igrexa de estilo gótico. Ao exterior consta dun volume único; no interior a nave divídese mediante arcos que soportan unha bóveda de canón apuntada. No século XVIII, documéntase a presenza dun ermitán que se ‘recolle’ nunha casa contigua e subsiste gracias a unha horta; ambas, casa e horta pertencentes á ermita.
Capela de San Marcos.
Situada no monte, segue sendo sé dunha romería. Segundo indica unha inscripción sobre a porta, dátase en 1480, anque as formas son románicas, cunha bóveda de canón como principal elemento estructural. Ao exterior conserva os “canecillos”, representado rollos, triángulos ou animais. Como elementos decorativos singulares, hai dúas representacións de sendas caras aplastadas en forma de Lúa.