Patrimonio

[:es]Patrimonio Cultural en la ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:en]Cultural heritage in the Muros town of water and salt tour[:gl]Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:]

< PATRIMONIO

Casco Histórico

O celme mariñeiro

O casco histórico de Muros cingue o porto. É unha das mariñeiras mellor conservadas do litoral galego. Á chegada, amósasenos a sús fachada de galerías e soportais, antigamente situados sobre a praia. O Curro da Praza é o lugar de encontro e un bo punto para adentrarse nas zonas máis altas, aínda que o viaxeiro xa veu que, desde a fachada marítima parten estreitas rúas cara ao interior.
As rúas Axesta e Real transcorren paralelas ao porto: pequenas prazas, fontes e ‘cruceiros’ van xurdindo a cada paso; tamén as igrexas e capelas, coa antiga Colexiata de Santa María do Campo señoreando a vila.
Do antigo Castelo que defendeu Muros desde a Idade Media ata a invasión francesa, quedan restos da muralla. E con todo, o máis característico son as vivendas mariñeiras que miran ao mar, e as construcións modernistas, que testifican a medra de Muros ao abeiro das industrias ligadas á pesca.
O Casco Histórico de Muros é Conxunto Histórico Artístico desde 1970