Existen gran número de especies vivintes de crustáceos que colonizan gran diversidadE de hábitats; dominan o mar, como os insectos dominan a terra.
A centola captúrase de forma artesanal con nasas e miños. Está prohibida a súa captura desde finais de xuño a finais de outubro. O seu hábitat atópase principalmente nas rías, en fondos areentos, como é o caso da Ría de Muros e rochosos como na Costa Morte, dúas das zonas de maior produción.
Cuando falamos da centola para moita xente suxírelle estar falando dun dos mariscos máis apreciados polo seu inconfundible sabor, onde se concentran tres sabores distintos, dependendo da parte do corpo que se deguste: patas, peito ou cacho, a cada cal máis sabroso. Para distinguila da centola francesa, a galega ten unha coloración máis escura e intensa, lanuxe no seu caparazón e algas incrustadas no mesmo, e ademais as patas da centola galega son máis grandes.
A nécora é un decápodo da familia dos cangrexos. Moi parecidas a estos, o seu caparazón é de cor parda oscura, cuberto de lanuxe que semella veludo. Ten unhas pinzas, máis grandes nos machos, presentando unhas liñas escuras nas patas. Forma parte das mesas dos pobos mariñeiros, cuxos habitantes saben apreciar o seu sabor coma ninguén.