Muros, Vila de Auga e Sal proponche unha mirada cara ao máis auténtico da Ría. Unha visita guiada polas rúas e espacios que gardan a historia e a identidade dun pobo vencellado á Ría.
A visita á antiga colexiata permítenos coñecer ao detalle os seus diferentes elementos e simbolismo. Inclúe a subida á torre e o acceso a dúas salas, coa colección permanente de arte sacro. O visitante poderá contemplar valiosas pezas de orfebrería, ornamentos litúrxicos e imaxinería. Destaca, no seu catálogo unha imaxe pétrea policromada de Santa Ana triple (s.XIV-XV), procedente da primitiva igrexa parroquial.
O presbiterio e a sacristía ocupados agora polo centro de visitantes, é o que se conserva desta construcción hoxe desacralizada, e que foi a máis antiga igrexa parroquial de Muros da que se ten conta.
Muros, Vila de Auga e Sal é a nosa proposta para que coñezas o legado máis auténtico de xeracións de muradáns.