Muros, Vila de Auga e Sal ofrece unha ruta guiada e adaptada para escolas e grupos en función do tempo e horarios dos que dispoñan, das idades ou outras características.
É necesario reservar coa antelación suficiente para asegurar a dispoñibilidade e organizar a visita axeitadamente. Considerase grupo a un mínimo de 15 persoas. Se o grupo é moi numeroso dividirase en dous ou tres pequenos grupos.
É necesario reservar coa antelación suficiente para asegurar a dispoñibilidade e organizar a visita axeitadamente. Considerase grupo a un mínimo de 15 persoas. Se o grupo é moi numeroso dividirase en dous ou tres pequenos grupos.
Muros é unha vila con encanto para disfrutar en familia, con amigos ou en grupo, como prefiras. Só tes que deixarte seducir polos guías nunha visita guiada polas rúas e espazos que gardan a historia e a identidade dun pobo ligado á ría. Convidámoste a percorrer Muros dun xeito relaxado ao mesmo tempo que dinámico, interesante e divertido.
Muros, Vila de Auga e Sal ofrece a cada grupo coordinar a visita con outras opcións complementarias: degustación de marisco, visita ao Pozo do Cachón, ...
Unha maneira diferente de coñecer a historia e a cultura dunha vila ligada á ría, a través dunha visita guiada, onde os nosos guías axudarán a visualizar e repasar as materias relacionadas coa arte, a cultura, a historia, etnografía,..., cos seus significados, lendas e tradicións, que se agochan máis alá do visible.
Unha xornada na que o noso reto é que se poida aprender sen esforzo e dun xeito divertido.
Muros, Vila de Auga e Sal ofrece a cada escola coordinar a visita con outras opcións complementarias: degustación de marisco, visita ao Pozo do Cachón, Muros histórico, visita á lonxa, ruta pola praia de Muros para coñecer a actividade das mariscadoras, as súas técnicas, útiles, e tamén descubrir cales son as especies dos nosos areais.
Aos nenos entregaráselles, se se solicita, un Caderno Didáctico que poden empregar ao longo da visita.
Os produtos típicos, frescos e de tempada son os protagonistas dos menús degustación que che ofrecemos en coordinación con restaurantes da Vila de Muros.
Un menú degustación que enxalza os sabores dos produtos da ría sen necesidade de grandes esforzos, debido á calidade da materia prima e a que vén directamente da lonxa ao prato.
Muros é unha vila señorial que enfeitiza a todo o que a visita, pois o seu fermoso e coidado casco histórico encanta ao paseante, tanto pola súa estrutura coma polas interesantes construcións artísticas e populares que adornan as súas rúas e prazas, dunha maneira plenamente armónica. Proba da súa reputación como unha das vilas máis fermosas de Galicia témola en que foi declarada Conxunto Histórico-Artístico (Decreto do 29 de maio de 1970).
Muros, Vila de Auga e Sal, convídache a facer este percorrido da man dos guías turísticos do concello e, se o desexas, coordina con eles a túa visita.
... ver máis
O Pozo do Cachón constitúe unha magnífica obra de inxeñería industrial que data da segunda década do século XIX, sendo un dos muíños de marea más importantes de Europa. Construído por orden de D. Ignacio Pérez Bazarra, por mor do acrecentamento no século XVIII do cultivo do millo e a mingua do caudal dos ríos da zona ao longo do verán.
Na actualidade temos a función do Centro Cívico e Cultural, co Centro de Interpretación de Muíños da Costa da Morte, e un edificio anexo con exposicións temporais, onde vos amosamos dúas laudas gremiais e a Cista prehistórica da Idade de Bronce, datada entre 1.800 e o século VIII a.C.
Para a campaña escolar ofrecemos unha visita guiada a este conxunto de tan elevado interés etnográfico, artístico e cultural.
... ver máis
Na Agrupación de Mariscadoras de Muros desenvolvemos actividades de familiarización co noso oficio, nas que pretendemos dar a coñecer tamén a diversidade das nosas praias e areais. Para a campaña escolar ofrecemos unha ruta pola praia de Muros na que podedes coñecer a actividade de marisqueo a pé, así como algúns dos habitantes máis comúns dos nosos areais.
... ver máis
Os máis frescos peixes e mariscos chegan decote á lonxa de Muros nos distintos momentos do día. A subasta: voces e contraseñas estipuladas, caixas, olor a sal, peixe e marisco. Hai que acadar o mellor precio. Un espectáculo que non te podes perder.