Bases: A participación no concurso está aberta a todas as persoas maiores de 18 anos que realicen a Ruta Auga e Sal, aficionadas ou profesionais da fotografía, que sexan autoras das imaxes presentadas e posúan os dereitos das mesmas, sin restriccións.
Temática: Unha única categoría na que as imaxes só poden ser de Muros: porto, rúas e soportais, gastronomía, paisaxe e Ruta Auga e Sal.
Obxetivo: O obxetivo do concurso é a promoción de Muros a través de fotografías que reflexen calquera aspecto da actividade turística relacionada coa temática.
O xurado premiará a imaxe que mellor destaque a Muros como destino turístico, que amose aspectos singulares e atractivos dos nosos recursos, como a riqueza patrimonial, cultural, natural e mariñeira de Muros.
Cunha foto da túa Visita á “Ruta Auga e Sal” e outra de Muros podes gañar un fin de semana auga e sal en Muros para dúas persoas.
Modo de participar:
– facer a Ruta Auga e Sal
– Recoller ao inicio da “ruta” o flyer do concurso.
– Enviar as dúas fotos e unha imaxe do ticket de entrada á Ruta Auga e Sal a fotoaugaesal@gmail.com antes de rematar o 30 de setembro.
O resultado publicarase na primeira semana de outubro no Facebook Muros, Vila de Auga e Sal.