Se quieres descargar el track del Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia, pincha en la imagen
A recentemente creada "Asociación de amigos do camiño inglés de Santiago pola ría de Muros e Noia" é o motor de impulso para a oficialización e posta en marcha desta variante do camiño inglés a Santiago. Desde a asociación enténdese que os datos históricos permiten solicitar unha variante marítima coa chegada de peregrinos ata os portos de Muros, Porto do Son, Freixo ou Noia que continuarían por terra polos concellos de Lousame, Rois, Brión e Ames ata Santiago.
No ano 1993 a Xunta fixo unha recompilación de rutas, mapas e documentación de diferentes tramos co fin de poñelas en valor. Naquel momento tívose en conta o Camiño desde a ría de Muros-Noia, que existe desde a Baixa Idade Media, pero diferentes circunstancias deixaron esta ruta atrás.
A asociación pretende que cada concello aporte unha pequena parte do necesario para facer o estudio histórico, identificar os camiños reais e para instalar a sinalización .
Esta variante do camiño inglés poderíase facer en 4, 3 ou incluso 2 días, sen esquecer a opción de comezala por mar, como os antigos romeiros, coa inestimable axuda dos portos deportivos da nosa zona.