Castelo Rock

El Castelo Rock es el trabajo de mucha gente que lo hacen posible de forma  desinteresada y sin ningún tipo de ánimo de lucro.

< FESTAS

Castelo Rock

Desde fai anos Muros vén experimentando unha eclosión sen precedentes no ámbito musical. Este concello de apenas 9.000 habitantes é unha auténtica canteira de bandas de rock que aproveitaron a inercia de pioneiros como Os Fieles, Trapos Sucios, Estampida, Os Macarróns, Os Miudos, Sarabanda, Razzia o  A Media Ghasta para ter un espello no que mirarse. Despois viñeron máis: Sozios A La Fuerza, Kolisión Frontal, Alimaña ou Zeros (entre moitos outros). O Castelo Rock é o traballo de moita xente que o fixeron posible de forma  desinteresada e sen ánimo de lucro. Pero sobre todo, o Castelo Rock é a expresión das inquietudes e soños dos xóvenes deste curruncho do mundo que non se conforman con ter que marchar lonxe para poder disfrutar do que lles gusta. Por sorte as autoridades locais entenderon que debían apoiar esta expresión cultural espontánea, e de ahí naceu a Sala Nasmo, das cinzas dunha vella escola abandonada. Hoxe 11 bandas ensaian a diario nestas instalacións, quen sabe si en próximas edicións poden ser cabezas de cartel nos festivais de rock do Estado.