calendario de eventos

Patrimonio

[:es]Patrimonio Cultural en la ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:en]Cultural heritage in the Muros town of water and salt tour[:gl]Patrimonio Cultural na ruta Muros, Vila de Auga e Sal.[:]

< PATRIMONIO

Fábricas de Salazón e Conserveiras

A industrialización da Ría de Muros e Noia

Desde a Idade Media, o porto de Muros destaca pola súa producción pesqueira, en particular da sardiña, que era exportada a lugares lonxanos gracias á salazón. Desde finais do XVIII, a riqueza destos mares fai que se asenten en Muros, e no resto da Ría, numerosos industriais que lle dan un novo enfoque a esta tradición. As fábricas de salazón primeiro e conserveiras despois, cambian por completo a economía de Muros e os modos de vida das xentes do mar.
A gran explosión desta nova industria tivo lugar durante o século XIX e prolongouse ata entrada a centuria seguinte. E con todo, a sobreexplotación tivo o seu reverso, e acabou por abocar ao peche a gran parte das fábricas. Indicamos algunhas cuxos restos aínda debuxan a paisaxe costeira:
A familia Sel, de Castro Urdiales, chegou a Muros a finais do século XIX, previo paso pola emigración en Arxentina. Aquí crearon unha fábrica de conservas, fundamentalmente de sardiña, pero que sobreviveu ata a década de 1970 gracias ao marisco. O edificio que albergou a  fábrica Sel está visible, rehabilitado, na saída de Muros cara Serres e Noia.
Na saída de Muros cara Carnota, consérvanse as ruínas da fábrica de Joaquín Vieta, co seu embarcadoiro. Desde o Santuario da Virxe do Camiño, divísanse, ao outro lado da ensenada, os Tres Picos, restos da fábrica Romaní. E, un tras outro, ao longo de todo o núcleo urbano e a costa, vense sucedendo os vestixios, a veces xa só recordos, daquel pasado industrial.