calendario de eventos

CULTIVANDO O MAR

Das bateas penden cordóns umbilicais que ligan á vida a diferentes especies de moluscos que multiplican así a súa reprodución.

A gran riqueza das augas e as beneficiosas condicións ambientais das rías galegas disparan as tasas de crecemento e calidade do mexillón. O mexillón de Galicia procede das bateas fondeadas nos polígonos de cultivo situados no interior das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia e Ares-Betanzos.